De Mazarelos a Vista Alegre : medio século da Facultade de Filoloxía da USC

Autores

Elias J. Feijó Torres
Elsa González Álvarez
##semicolon## 50 aniversario, Facultade de Filoloxía, cronoloxía

Resumo

Este libro conmemora un percorrido de medio século, dende a creación da Facultade de Filoloxía no venerable edificio da praza de Mazarelos en 1975 ata a actualidade, xa nas novas instalacións no barrio de Vista Alegre. O volume incorpora unha cronoloxía anual que permite seguir a evolución de tan vizosa historia, así como unha escolma de textos redactados por persoas que forman ou formaron parte da comunidade da Facultade: voces diversas que, desde a memoria persoal ou desde a reflexión académica, trazan un mosaico vivo e plural. Son estas páxinas unha homenaxe colectiva: á historia que nos trouxo até aquí, ás persoas que fixeron posible a Facultade e ás que hoxe seguen a darlle vida.

Cuberta para De Mazarelos a Vista Alegre : medio século da Facultade de Filoloxía da USC
Publicado
January 12, 2026