Distribucións continuas: funcións notables, momentos e representacións gráficas

Autores

Manuel Núñez Singala
Sr
María Isabel Borrajo García
Mercedes Conde Amboage
Rosa María Crujeiras Casais
##semicolon## distribucións continuas, funcións notables, momentos, representacións gráficas, Esenciais, SNL, Servizo de Normalización Lingüística, lingua, galego

Resumo

A estatística ten por obxectivo analizar situacións prácticas que impliquen incerteza. Tales situacións son o que denominamos fenómenos aleatorios, que se formalizan matematicamente a través dos denominados experimentos aleatorios: probas que, repetidas en idénticas condicións, poden dar lugar a resultados diferentes que non son predicibles con exactitude. Os resultados dun experimento aleatorio poden ser transformados en valores numéricos mediante variables aleatorias. Dependendo da tipoloxía das posibles asignacións numéricas asociadas, distinguimos entre variables aleatorias discretas, aquelas que toman unha cantidade finita ou infinita numerable de valores, e variables aleatorias continuas, aquelas que toman valores nun intervalo ou unión de intervalos da recta real. A ferramenta matemática que se encarga de describir o comportamento dunha variable aleatoria é o que se coñece como distribución da variable aleatoria. Formalmente as distribucións son modelos probabilísticos que permiten cuantificar canto de probable é que a variable aleatoria tome certos valores. En particular, neste Esencial abordaremos modelos asociados a variables aleatorias continuas.

Cuberta para Distribucións continuas: funcións notables, momentos e representacións gráficas
Publicado
April 17, 2026
Colección
Categorías

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
979-13-88118-06-7
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9791388118067
Propietario (01)
ES/070A
Fecha de anuncio para el sector (10)
2026-04-17
Calendario de Hijri