Virginia Woolf: Tres guineas

Autores

Laura Mª Lojo Rodríguez
Carmen Blanco
##semicolon## Virigina Woolf, Feminismo, Segunda Guerra Mundial, Guerra Civil ESpañola, Humanismo, Libertad, Democracia, Antibelicismo, Pacifismo

Resumo

Virginia Woolf (1882-1941) publica Tres guineas (Three Guineas) en 1938 na editorial Hogarth Press, que ela e o seu home Leonard crearan en 1917.  Inspirado polas grandes ideas humanistas ilustradas de liberdade, igualdade, fraternidade e felicidade que moveron as revolucións democráticas, o ensaio, en forma de epístola, conságrase á defensa dos ideais pacifistas, feministas e humanistas da harmonía da liberdade individual e colectiva propios da autora. A obra ve a luz nos anos convulsos da guerra civil española e no marco xeral do ascenso do totalitarismo e da expansión do imperialismo dos tempos da Segunda Guerra Mundial. Nunha colección de clásicos do pensamento, Tres guineas, xoia do xénero epistolar, é un título imprescindible para o coñecemento da creación, da arte, da ciencia, da lingua, da literatura, da poesía, da estética do corpo e da mente, do sexo, do xénero, da educación universitaria, da guerra dos sexos, do feminismo, do antifascismo, do pacifismo, do humanismo, porque, por riba de todo, é un canto sublime ao diálogo humano, ao amor e á paz.

 

Cuberta para Virginia Woolf: Tres guineas
Publicado
July 9, 2026

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
979-13-88118-28-9
Propietario (01)
PU/046
Fecha de anuncio para el sector (10)
2026-07-09
Calendario de Hijri
Dimensións físicas
170mmx240mmx21mm