Quen canta? guía didáctica da exposición «Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX»
Resumo
Guía didáctica da exposición «Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX. De Galicia aos teatros de Europa, América e África». A guía proporciona unha experiencia de construción visual e sonora do pasado musical historicamente informada e os resultados de investigación obtidos transfírense así ao sistema educativo mediante unha proposta innovadora e singular que integra coñecemento experto de música e historia, e coñecemento experto de pedagoxía. Apoiada en tecnoloxías emerxentes, a guía, en tanto complemento da propia exposición, enfatiza o valor do legado de grandes mulleres cantantes que transcenderon fronteiras para brillar nalgúns dos teatros máis emblemáticos do mundo. Procura, por tanto, o achegamento e a reflexión en torno ao patrimonio musical e histórico recuperado desde as orixinais perspectivas que posibilitan as humanidades dixitais e a moderna tecnoloxía educativa.