Intelixencia artificial e educación no sur global: unha perspectiva sistémica
Resumo
Nun momento en que a intelixencia artificial (IA) xera a partes iguais grandes expectativas de desenvolvemento nos máis variados eidos pero tamén enormes inquietudes acerca dos seus límites, esta obra, vertida á lingua galega dende a súa edición orixinal (Artificial Intelligence and Education in the Global South. A Systems Perspective, Springer, 2026) examina as formas nas que a intelixencia artificial pode transformar os sistemas educativos, entendendo por intelixencia artificial a «simulación da intelixencia humana por parte de máquinas, especialmente sistemas informáticos [...] [co]a capacidade de comportárense como os seres humanos en tarefas como comunicarse, memorizar, razoar e aprender» (Martin, F., Zhuang, M., e Schaefer, D. (2024). Systematic review of research on artificial intelligence in K-12 education (2017-2022). Computers and Education: Artificial Intelligence, 6(100195), 1-18) e por sistemas educativos o conxunto de institucións deseñadas e financiadas explicitamente para axudar aos estudantes a desenvolveren coñecementos e habilidades, con particular atención naquelas que ofrecen oportunidades de aprendizaxe á maioría da poboación, é dicir, as que se centran na educación obrigatoria.