Pioneiras do cine en Galicia: Maruja del Mazo e as mulleres que conquistaron a gran pantalla nos anos 20

Autores

Raquel C. Pico
XX
##semicolon## cine, historia das mulleres, Premio Xohana Torres

Resumo

Maruja del Mazo era, en setembro de 1925, unha modista que camiñaba pola rúa Príncipe de Vigo. Alí foi onde a descubriu Rino Lupo, o director de Carmiña, flor de Galicia, quen andaba á procura dunha «verdadeira galega» para ser a estrela do cartel do filme. Del Mazo converteuse así na primeira muller galega en protagonizar unha cinta comercial do cine mudo autóctono, aínda que antes pasaran polas pantallas unha funcionaria do Estado que era estrela do cinema nas vacacións ou unha actriz francesa especializada en españoladas. Os anos 20 foron un período de experimentación para a creación dun cine propio, pero tamén un momento de ruptura na representación das mulleres e no que estas esperaban da vida. E todo iso estaba, dun xeito ou doutro, nos fotogramas das películas, cada vez máis populares e que chegaban a un maior abano de audiencias.

Cuberta para Pioneiras do cine en Galicia: Maruja del Mazo e as mulleres que conquistaron a gran pantalla nos anos 20
Publicado
November 13, 2026

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
979-13-88118-51-7
Propietario (01)
OP/570
Fecha de anuncio para el sector (10)
2026-11-13
Calendario de Hijri
Dimensións físicas
130mmx190mmx12mm