Alexandre Magno e Atenas
Resumo
Para o seu autor, este libro non é unha historia de Alexandre Magno, nin moito menos unha biografía: os seus contidos deben definirse como un estudo de Historia da Grecia antiga, e das relacións establecidas entre Alexandre e os gregos, centrando a súa atención, por cuestións de información, na cidade de Atenas. Esta obra tenta mostrar como Alexandre se relacionou cos gregos, e, simultaneamente, os mecanismos que puxo en xogo para impor a súa vontade sobre os diferentes pobos sometidos á súa autoridade. Partindo dunha revisión dos textos clásicos e alicerzando nunha abundante e actualizada bibliografía, esta monografía achégase ao século IV a. C. en Grecia buscando evidenciar os pormenores do reinado de Alexandre, e incluso aportando innovacións, tan infrecuentes en temas coma este, produto dunha profunda observación do autor. Cunha lectura amena -mensaxe histórica incluída-, o resultado é unha obra áxil, pouco sofisticada e moi instrutiva, recomendable tanto para os que se achegan ao tema por primeira vez coma para os lectores, estudantes e profesores que investigan o período protagonista.