De verbo a verbo: documentos en galego anteriores a 1260

Autores

Ana Isabel Boullón Agrelo
Henrique Monteagudo Romero
##semicolon## Galego-portugués (Lingua), Galego escrito

Resumo

Esta obra contén no seu cerne a edición de cincuenta documentos notariais producidos en galego entre ca. 1225 e ca. 1260, lidos directamente sobre os orixinais, senón un caso excepcional (nº 6), que é un traslado cronoloxicamente moi próximo ao orixinal. Incluímos en apéndice cinco documentos máis anteriores a 1260, pero aos que non temos acceso directo porque se extraviou o orixinal e soamente os coñecemos ben mediante edición realizada nos nosos tempos (B, C, D), ben mediante copia coetánea (A e E). O criterio para a escolla dos documentos foi a lingua en que están escritos: o galego sensu strictu, isto é, sen incluír o portugués1. A inmensa maioría dos documentos foron redactados dentro do dominio lingüístico galego, pero hai algún exemplo procedente do exterior deste (nº 16, datado en Sevilla). Por tanto, a colección que presentamos acolle o groso da ‘produción primitiva’ en lingua galega, se por tal entendemos a producida en escrita romance (por oposición á latina medie val) e cun grao de definición idiomática indiscutible por oposición aos textos híbridos ou fronteirizos.

Cuberta para De verbo a verbo: documentos en galego anteriores a 1260
Publicado
October 2, 2013

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-9887-412-9
Propietario (01)
VA/065A
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9788498874129
Fecha de primera publicación (11)
2009