Ilustración e modernidade: Os avatares da Razón
Resumo
O conxunto de estudios que, baixo o rótulo Ilustración e modernidade. Os avatares da Razón, constitúe o presente volume, foi realizado no marco do proxecto titulado Ilustración, censura e modernidade no contexto dos séculos XVIII e XIX. Este proxecto é continuación doutro anterior (Censura e Ilustración en Galicia no marco europeo do século XVIII), as investigacións do cal foron xa publicadas no libro Censura e Ilustración, Universidade de Santiago, 1997. Se ben algunhas circunstancias cambiaron, mantense e confírmase unha liña de investigación que, aínda conservando as mesmas matrices -ilustración, censura-inquisición, modernidade- vaise consolidando e ampliando, tanto na perspectiva cronolóxica, como no número de profesores participantes e colaboradores. O obxectivo fundamental segue a se-la análise e a valoración do fenómeno da Ilustración e a súa proxección na Modernidade, dende a "cara oculta" da Censura e da Inquisición no contexto dos séculos XVIII e XIX, en Galicia, España e Europa. Coa segunda parte do título -Os avatares da Razón- queremos resaltar tanto a heteroxeneidade do fenómeno ilustsrado como a súa proxección-persistencia ulterior, pero a base de escisións e contrastes, de luces e de sombras.