A función de control no Parlamento de Galicia

Autores

Alan Bronfman Vargas
##semicolon## Galicia. Parlamento, Procedemento parlamentario -- Galicia

Resumo

Os cambios que están a sufrir a política e o estado non modificaron a posición do parlamento como a institución máis axeitada para acolle-la representación política e para exerce-la función de control sobre o goberno. O exame público e a influencia característicos da fiscalización política só poden provir lexitimamente do parlamento, aínda que medios de comunicación, xuíces e outros axentes públicos pretendan tamén asumila. O perdeccionamento da democracia esixe fortalece-lo control parlamentario, pois constitúe unha das vías a través das cales os cidadáns inflúen no goberno, sexa limitando os abusos, corrixindo os erros ou reorientando o seu actuar. A presente obra analiza as normas e prácticas que caracterizan o exercicio da función de control no Parlamento de Galicia. Un dos seus propósitos específicos é revisa-la estreita relación entre as características dominantes dos partidos e o funcionamento da fiscalización no seo da Cámara. Do mesmo xeito, o estudio recoñece a especial relevancia dos criterios de aplicación das disposicións legais e regulamentarias, polo que inclúe información concreta sobre o exercicio de competencias de control, en especial referida á V Lexislatura. Só así é posible obter unha visión realista acerca do senso e o alcance da acción parlamentaria.

Cuberta para A función de control no Parlamento de Galicia
Publicado
October 16, 2013

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-9750-138-5
Propietario (01)
OP/0212
Fecha de primera publicación (11)
2003
Dimensións físicas
170mmx240mm