A realidade da práctica deportiva en Galicia
Resumo
Esta obra presenta os resultados da enquisa de poboación que no ano 2007 se realizou desde a Dirección Xeral para o Deporte co obxectivo fundamental de coñecer a evolución dos hábitos físico-deportivos da poboación galega. Participaron 2160 suxeitos elixidos de xeito aleatorio nas catro provincias galegas. Por medio do estudio lográronse identificar múltiples indicadores de desenvolvemento físico-deportivo tales como a taxa de práctica físico-deportiva en Galicia, as modalidades físico-deportivas máis practicadas, o grao de apoio familiar para a práctica físico-deportiva, os motivos que utilizan os/as que practican e as taxas de usuarios/as de instalacións deportivas e de persoas que practican con e sen licenza. Tamén se mediu o grao de satisfacción coa práctica físico-deportiva así como o grao de satisfacción vital tanto dos/as que practican como dos/as que non o fan. Na obra, ademais dos resultados xerais, aplicables a toda o poboación galega, ogrécense datos segmentados por xénero, grupos de idade, provincias e tamaño dos concellos