As trinta constelacións máis sobranceiras do noso ceo
Resumo
No ano 1928 a Unión Astronómica Internacional estableceu en 88 o número oficial das constelacións. Porén, dende a nosa latitude non todas poden observarse e aínda así, entre as visibles, unhas teñen formas máis fáciles de identificar que outras e maior brillo e, polo tanto, son moito máis coñecidas pola xente.
Nesta pequena guía temos seleccionado precisamente aquelas máis familiares para todos nós, trinta en total entre as que están as doce do zodíaco, é dicir, aquelas polas que pasa o sol ó longo do ano.
Aparte de facer unha sinxela descripción de cada unha delas, indicamos asimesmo aqueles obxetos do ceo profundo que, maioritariamente coa axuda do telescopio ou nos casos máis favorabeis con prismáticos, podemos contemplar nesas rexións do ceo.