Guía das fontes do Camiño de Santiago en Galicia
Resumo
A obra consta de dúas partes, a primeira é unha introdución ben documentada con listaxes das fontes nos distintos concellos que atravesa o Camiño nas provincias de Lugo e A Coruña. A continuación Xosé Manuel Navaza propón varias actuacións para construír novas fontes nas proximidades da ruta xacobea, aproveitando a existencia de mananciais en distintos puntos de fácil acceso. E a segunda parte é o catálogo de fontes, organizado por concellos. En cada concello indícase nun mapa a situación de cada unha delas así como dos albergues, sinalando as distancias entre cada un dos puntos marcados. Despois dedícaselle a cada manancial unha páxina amosando a súa situación cunha pequena descrición e sinalando as súas coordenadas xeográficas, explicando que tipo de auga se pode atopar alí e se é necesario realizar ou non control de calidade, se seca durante o verán e finalmente propostas para mellorar o contorno.