Transféminas: Ou como deconstruír o corpo co martelo
Resumo
Disforia de xénero. Estróxenos. Bisturí. Sexo. Dominación. Subxectividades de fronteira. Heteronormatividade. Inxustiza. Milleiros de corpos sofren a condena dun expolio identitario provocado polo aparello de disciplinamento de xénero normativo, caracteristico das institucións psiquiátricas e as prácticas propias do biopoder contemporáneo. Dende a diferenza e eclosionando nas marxes, están elas, as transféminas, facendo arder ao mesmo lume que as consume. Enfrontándose dende o cotián as ponzoñentas raíces patriarcais que as queren ancorar e mutilar seu ser, elas atópanse mudando os termos, mudando os tempos. Con elas esta é a loita de todas.