Cultura e paisaxe

Autores

Roxelio Pérez Moreira
Francisco Javier López González
##semicolon## Aspectos sociais, Paisaxe na arte, Paisaxe na literatura, Ecoloxía da paisaxe

Resumo

“Cultura e Paisaxe” están intimamente relacionadas. De primeiras, porque a cultura reflíctese na paisaxe dun igual xeito que a paisaxe espéllase na cultura. Ademais, porque tamén a paisaxe é unha descuberta cultural, unha percepción emocional e intelectual da nosa mirada, existindo só a partir de que esta fora capacitada e cualificada culturalmente. As nosas paisaxes de hoxe en día son en xeral unha xenuina síntese de interacións entre o natural e o cultural, depositarias dunha histórica connivencia entre as xentes e o medio; de feito, as sociedades humanas a través da cultura transforman a paisaxe natural en cultural. Por iso que a paisaxe é un legado secular da cultura e, reciprocamente, é á vez conformadora do noso imaxinario cultural. Polo mesmo, é unha fidedigna expresión territorial e identitaria.

Cuberta para Cultura e paisaxe
Publicado
November 7, 2013

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-9887-522-5
Propietario (01)
OP/301A
Fecha de primera publicación (11)
2010