O ingreso público

Autores

Alejandro Ballesteros Ron

Resumo

A materia Facenda Pública: Ingresos e Gastos se enmarca no bloque formativo relativo ao estudo do sector público, no Grao de Economía. A materia está destinada aos alumnos do Grao en Economía da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Ten o carácter de obrigatoria no Plan de Estudos segundo o regulado no RD 1393/2007, e na lexislación propia da Universidade de Santiago de Compostela, e sitúase temporalmente no primeiro semestre do 3º curso do Grao. O contido impártese cunha carga lectiva de 6 créditos ECTS. O 60% teñen carácter expositivo e o 40% interactivo. Así, nos horarios que se establecen anualmente no centro, a distribución semanal da carga lectiva, para os estudantes, faise combinando as aulas expositivas de dúas horas de duración (catro horas en dúas aulas nas dúas primeiras semanas de docencia), coas interactivas (a partir da terceira semana), de hora e media. A programación docente está dividida en cinco unidades didácticas, nas que se abordan os aspectos máis relevantes para coñecer a Economía do Sector Público. A primeira parte, está destinada á contextualización da economía pública, á definición dos seus axentes e aos instrumentos de intervención cos que conta o sector público. A segunda centrase no estudo concreto dos gastos públicos e os orzamentos das administracións públicas. Na terceira, estúdase o financiamento do sector publico e os seus efectos no comportamento dos cidadáns na economía de mercado. O cuarto céntrase no estudo dos distintos impostos que forman o sistema fiscal, que proporciona a maioría dos ingresos. Déixase para o final o tema do federalismo fiscal, a súa xustificación económica, os aspectos teóricos e prácticos da descentralización e as competencias de ingresos e gastos correspondentes a cada nivel de goberno.

Cuberta para O ingreso público
Publicado
November 26, 2015
Categorías

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-15876-26-7
Propietario (01)
OP/001A
Fecha de publicación (01)
2015