Introdución á xestión dos recursos humanos

Autores

Adolfo Carballo Penela

Resumo

A presenza de persoas é unha característica común a todas as organizacións. Independentemente da súa natureza, tamaño, localización ou funcións desenvolvidas, o logro dos obxectivos organizativos precisa, en maior ou menor medida, de persoas que planifiquen, organicen, dirixan, controlen e desenvolvan as diferentes actividades e recursos involucrados na xestión. A xestión dos recursos humanos configúrase, por tanto, como unha actividade imprescindible no ámbito empresarial, cuxo desempeño afecta á eficiencia e eficacia de empresas e organizacións. A materia Fundamentos de Xestión de Recursos Humanos corresponde ao 3º curso do Grao en Administración e Dirección de Empresas. Presenta ao alumnado diferentes cuestións esenciais relacionadas coa xestión de recursos humanos. Busca destacar a importancia da xestión de persoas no ámbito organizativo, destacando os procesos e intervencións en relación ás persoas que deben ser desenvolvidos. A unidade didáctica I Introdución á Xestión de Recursos Humanos introduce diferentes conceptos necesarios para afrontar o estudo da xestión de persoas. Partindo da definición de recursos humanos, esta unidade presenta brevemente as diferentes actividades involucradas na xestión de persoas, agrupándoas en procesos e intervencións. Estas actividades constitúen o núcleo central da materia e son posteriormente desenvolvidas no resto de unidades didácticas. Está previsto que o desenvolvemento da unidade didáctica 1 requira 2 horas de sesións expositivas e 5 horas de sesións interactivas.

Cuberta para Introdución á xestión dos recursos humanos
Publicado
November 26, 2015
Categorías

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-15876-50-2
Propietario (01)
UD/002A
Fecha de publicación (01)
2015