O mundo do románico
Resumo
A materia Historia da Arte Galega Antiga e Medieval (G5011421, Grao en Historia da Arte, Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007), posúe o carácter de obrigatoria e ten que ser cursada no último ano (4º curso), en concreto no primeiro cuadrimestre. Está integrada no módulo G5011M07 Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal. Consta de 6 créditos ECTS, o que supón un total de 150 h de dedicación total por parte do alumnado. Este estaría dividido en: Traballo presencial do alumnado: 51 h, das que 32 h son de docencia expositiva, 16 h docencia interactiva e 3 h de titorías personalizadas. Traballo persoal do alumnado: 99 h, das que se podería facer una aproximación orientadora, na que se tivese en conta - Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 h. - Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca e similar: 25 h. - Preparación de presentacións orais, debates e similares: 7 h. - Outras tarefas propostas polos profesores: 7 h. No se esixen coñecementos previos para comprender os diferentes temas ou unidades de estudo que integran esta materia; porén sería aconsellable ter aprobadas as materias xerais de Arte Antiga e Medieval impartidas en 1º e 2º curso. Por outra banda esta materia está estreitamente relacionada coa Historia da Arte Española Antiga e Medieval, optativa de 4º curso. Dentro dela, a unidade didáctica a desenvolver é a VI, «O mundo do románico», que constaría de catro apartados que seguen unha estrutura cronolóxica excepto o último que está en relación cunha nova orde monástica: o Císter. A duración total sería de 12 horas, distribuídas en catro semanas con dúas horas expositivas e unha interactiva por semana.