Introdución aos modelos de datos de panel

Autores

Ana Iglesias Casal

Resumo

A materia na que se enmarca esta unidade didáctica corresponde ao 3º curso do grao de Administración e Dirección de Empresas. Impártese no segundo semestre e necesita dos coñecementos previos adquiridos na materia introdutoria do primeiro semestre Econometría I. A materia de Econometría II é a continuidade da materia de Econometría I, de conceptos introdutorios, e proporciona ao estudante técnicas econométricas de dificultade media que permiten a análise cuantitativa da realidade económica e empresarial. Tamén, esboza algúns temas de gran relevancia na modelización econométrica proporcionando as ideas básicas e os conceptos necesarios para poder abordalos nun futuro con profundidade. Así, a materia comeza cunha primeira unidade de incumprimento das hipóteses do MRLNC, sinalando as consecuencias do incumprimento sobre a estimación MCO e as posibles solucións.

Cuberta para Introdución aos modelos de datos de panel
Publicado
November 26, 2015
Categorías

Detalles sobre este monográfico

Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9788415876557
Propietario (01)
UD/010A
Identificador para Xebook (99)
DX1103421536
Fecha de anuncio para el sector (10)
2025-08-05
Calendario de Hijri