Disolucións

Autores

Rosa María Peña Crecente
Julia Barciela García

Resumo

A unidade didáctica realizarase en 6 sesións (50 minutos cada unha) distribuídas entre clases teóricas e seminarios e unha clase práctica (3 horas). A materia Química II proporcionará ao estudante do Grao de Nutrición Humana e Dietética os principios xerais das reaccións químicas e do equilibrio químico, así como mecanismos, tipos de reaccións e as súas aplicacións prácticas á análise volumétrico, especialmente desde a perspectiva dos equilibrios en disolución que constitúen a base doutras metodoloxías de análise posteriores. Estes conceptos son fundamentais para a súa formación académica básica e permitiranlles a mellor comprensión e asimilación significativa doutras materias que forman parte do seu plan de estudos. Antes de empezar a desenvolver outros contidos da materia será necesario afondar no concepto de disolución. A pesar de que se supón que xa foi traballado nos estudos previos, obsérvase que existen obstáculos conceptuais que impiden a creación adecuada de representacións mentais sobre as disolucións, polo que a aprendizaxe non se concreta eficientemente, o que repercute negativamente na compresión posterior doutros contidos da materia.

Cuberta para Disolucións
Publicado
November 26, 2015

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-15876-49-6
Propietario (01)
UD/018A
Fecha de publicación (01)
2015