Introdución: Economía financeira e valoración

Autores

Juan Carlos Reboredo Nogueira

Resumo

Esta unidade didáctica forma parte do curso de Análise Económica dos Mercados Financeiros I que se imparte no primeiro cuadrimestre do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros. O propósito da unidade é introducir os obxectivos básicos da Economía Financeira relacionados coa toma de decisións, por parte de individuos ou de empresas, relacionadas coa asignación intertemporal de recursos nun contexto polo xeral de incerteza. Así, introdúcese a problemática da valoración dos activos financeiros, dos diferentes enfoques ou técnicas que se poden utilizar na práctica. Esta tarefa é ardua e complexa posto que a comprensión dos instrumentos de análise financeira require dunha certa capacidade de abstracción e dunha certa soltura no manexo de técnicas estatísticas. Por medio de unha serie de exemplos sinxelos, que serven para motivar e facilitar ao estudante o acceso á problemática da valoración, introdúcese a ecuación fundamental de valoración e dúas formas alternativas para a súa implementación: a valoración de equilibrio e a valoración por arbitraxe ou replicación, analizando as vantaxes e desvantaxes de cada unha delas.

Cuberta para Introdución: Economía financeira e valoración
Publicado
November 26, 2015
Categorías

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-9887-508-9
Propietario (01)
UD/019A
Fecha de publicación (01)
2015