Cálculo financeiro

Autores

Juan Carlos Reboredo Nogueira

Resumo

Esta unidade didáctica forma parte do curso de Análise Económica dos Mercados Financeiros I que se imparte no primeiro cuadrimestre do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros. O propósito da unidade é introducir o cálculo financeiro e as diferentes formas de capitalización e desconto que se utilizan na práctica para valorar activos. Aínda que parte dos coñecementos que se desenvolven nesta unidade xa son coñecidos polo estudante que xa cursou un curso de matemáticas financeiras, o enfoque desde o punto de vista da utilización da idea de non arbitraxe e da ecuación fundamental de valoración é diferente. Nesta unidade revísanse as operación de capitalización e desconto simple, composto e continuo, a valoración de rendas e de préstamos con diferentes características. As matemáticas que se requiren para a comprensión de esta temática son relativamente sinxelas. O obxectivo da unidade é que alumno adquira un grao de autonomía elevado no manexo das operación de capitalización e desconto que resultan fundamentais para a valoración de calquera activo financeiro.

Cuberta para Cálculo financeiro
Publicado
November 27, 2015
Categorías

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-15876-30-4
Propietario (01)
UD/021A
Fecha de publicación (01)
2015