Modelo de mercado do mercado de valores en España

Autores

Juan Carlos Reboredo Nogueira

Resumo

Esta unidade didáctica forma parte do curso de Análise Económica dos Mercados Financeiros II que se imparte no primeiro cuadrimestre do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros. O propósito é ilustrar como se organiza o proceso de negociación de activos nun mercado e as súas implicacións para a determinación do prezo, poñendo especial énfase no caso do mercado de valores español. A comprensión dos contidos desta unidade non reviste ningún grao de dificultade especial para o alumno, dado que os contidos son basicamente descritivos e buscan transmitir como é o proceso e negociación continua no mercado español. Aínda así, ao longo da unidade se utilizan numerosos exemplos prácticos para garantir unha clara comprensión da dinámica do libro de ordes.

Cuberta para Modelo de mercado do mercado de valores en España
Publicado
November 27, 2015
Categorías

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-15876-40-3
Propietario (01)
UD/028A
Fecha de publicación (01)
2015