A violencia contra a muller

Autores

María Sol Rodríguez Calvo

Resumo

Dentro das competencias dos profesionais da Medicina están as de recoñecer, diagnosticar, valorar e orientar o manexo do dano físico e mental, ademais de ser capaz de redactar documentos médico-legais. A isto hai que engadir que, segundo o noso ordenamento xurídico, calquera médico pode ser chamado a actuar como perito nas causas penais. Por conseguinte, é importante que o futuro médico adquira os coñecementos precisos sobre os obxectivos e procedementos da pericia médica sobre a persoa viva, e a súa obriga de comunicar á autoridade xudicial a atención prestada a unha persoa con lesións. Estes coñecementos, referidos as mulleres maltratadas, trátanse nesta unidade didáctica. Con eles, o futuro médico poderá intervir adecuadamente nos casos que se lle poidan presentar na súa práctica profesional. Os contidos desta unidade didáctica van dirixidos principalmente a estudantes de 5º curso do Grao en Medicina, aínda que tamén pode ser de utilidade para o alumnado de Dereito e Criminoloxía.

Cuberta para A violencia contra a muller
Publicado
November 27, 2015
Categorías

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-15876-45-8
Propietario (01)
UD/032A
Fecha de publicación (01)
2015