Desenvolvemento económico: Conceptos, teorías e realidade

Autores

María del Carmen Sánchez Carreira
Oscar Rodil Marzábal

Resumo

A unidade didáctica «Desenvolvemento Económico: Conceptos, Teorías e Realidade» pertence á materia Estrutura Económica Mundial II: Desenvolvemento Económico, correspondente ao segundo curso do Grao en Economía. Segundo o plan de estudos da titulación (BOE nº 56, de 5 de marzo de 2010), dita materia ten carácter obrigatorio. A súa carga lectiva é de 6 créditos ECTs e temporalmente impártese no segundo cuadrimestre. Esta materia forma parte do módulo Estrutura Económica e Desenvolvemento, conformado por cinco materias obrigatorias e unha optativa. O sentido que adquiren dentro do plan de estudos as materias que compoñen este módulo é proporcionar ao alumnado un coñecemento xeral e específico do contexto económico real no que desenvolverá a súa futura actividade profesional. Ademais, preténdese que con estas materias o alumnado adquira a capacidade analítica necesaria para interpretar os fenómenos e enfrontarse aos novos escenarios que xurdan na economía mundial, europea, española e galega, que están suxeitas a cambios continuos. Como se pode observar na seguinte figura, o módulo comeza coa materia Estrutura Económica Mundial I de primeiro curso, continuando en segundo coa materia Estrutura Económica Mundial II: Desenvolvemento Económico. Posteriormente, en terceiro curso, impártense as materias Estrutura Económica de España e da Unión Europea, Estrutura Económica de Galicia e, Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local. Por último, no cuarto curso, ofértase a materia optativa de Desenvolvemento Económico e Sustentabilidade.

Cuberta para Desenvolvemento económico: Conceptos, teorías e realidade
Publicado
November 27, 2015
Categorías

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-15876-58-8
Propietario (01)
UD/034A
Fecha de publicación (01)
2015