Os órganos xurisdicionais: os órganos xudicias e o Tribunal Constitucional

Autores

María Jesús Sande Mayo

Resumo

materia “Organización xudicial e proceso” dirixida ás e aos alumnos do terceiro curso do Grao en Dereito. Esta materia ten a vocación de introducir ao alumnado, a través do achegamento ás nocións iniciáticas, na complexa rama xurídica do Dereito Procesual, que con maior profundidade e especialización será obxecto de abordaxe no marco de outras dúas materias impartidas no Grao en Dereito: Dereito Procesual Civil e Dereito Procesual Penal. Así ben, a comprensión e manexo solvente de todos e cada un dos contidos que abrangue, non só esta unidade didáctica senón a totalidade das unidades que conforman a materia “Organización xudicial e proceso”, é esencial para que o estudantado adquira unha perspectiva sólida e coherente sobre esta rama de coñecemento e, por conseguinte, poida construír uns cimentos consistentes na súa formación como xurista. A este respecto, cómpre ter presente que o Dereito Procesual constitúe unha das claves de arco do Grao en Dereito. A súa utilidade práctica, ademais do seu carácter transversal, fan dela unha disciplina protagonista en tanto que imprescindible, primeiro, para a comprensión do funcionamento do Dereito e, despois, para a aplicación práctica do mesmo. Pois ben, como parte fundamental dentro do estudo do Dereito Procesual, ademais das cuestións referidas ao proceso strictu sensu, da acción (e/ou da pretensión), destaca, polo que a nós agora atinxe, ademais de todo o relativo ao persoal xudicial, o estudo da xurisdición e, neste senso, da organización xudicial. Cando falamos da función xurisdicional estamos a referírmonos á potestade dimanante da soberanía do Estado, exercida exclusivamente polos Xulgados e Tribunais -integrados por xuíces e maxistrados independentes-, que consiste na realización do Dereito no caso concreto, executando e facendo executar o Xulgado (art. 117 CE). A este respecto, na presente unidade didáctica incidiremos, por un lado, no estudo dos criterios de creación dos distintos órganos titulares da potestade xurisdicional, isto é, os inseridos no Poder xudicial e o Tribunal Constitucional. Doutra banda, deterémonos na análise das súas específicas atribucións.

Cuberta para Os órganos xurisdicionais: os órganos xudicias e o Tribunal Constitucional
Publicado
November 27, 2015
Categorías

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-15876-59-5
Propietario (01)
UD7035a
Fecha de publicación (01)
2015