Transformación, fusión e escisión

Autores

Maria Milagros Vivel Búa

Resumo

A empresa non é un ente estático e, polo tanto, a súa propia estrutura pode experimentar alteracións significativas ao longo do tempo. Así, unha sociedade mercantil pode levar a cabo un proceso de transformación co obxectivo de modificar a súa estrutura xurídica, adoptando unha forma social diferente á orixinal. Este proceso de transformación constitúe o primeiro punto de análise neste tema. A continuación, deben considerarse outras operacións sociais relevantes que o Plan Xeral Contable español identifica como “combinacións de negocios”. Este é o caso, entre outros tipos, das fusións e das escisións, que configuran os outros dous puntos fundamentais de estudo do tema. En concreto, a fusión permite que dúas ou máis sociedades agrupen a totalidade ou unha parte do seu patrimonio. Pola súa banda, a escisión supón a estratexia contraria, isto é, a redución da dimensión da empresa a través da separación de todo ou parte do seu patrimonio que xeran per se novas sociedades. Os contidos desenvolvidos na unidade enmárcanse no eido da contabilidade de sociedades. Polo tanto, este tipo de contabilidade aplica as normas que regulan a contabilidade financeira ao rexistro das operacións que realizan as sociedades mercantís, tendo en conta o marco legal ao que están suxeitas. A unidade está deseñada para ser desenvolvida en 6 horas distribuídas en 2 horas de sesión expositiva e 4 horas de sesión interactiva.

Cuberta para Transformación, fusión e escisión
Publicado
November 27, 2015
Categorías

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-15876-42-7
Propietario (01)
UD/039A
Fecha de publicación (01)
2015