A lingüística galega desde alén mar

Autores

Gabriel Rei-Doval
##semicolon## Lingüística-Galicia, Sociolingüística-Galicia, Etnolingüística-Galicia, Galego (Lingua)-Dialectoloxía

Resumo

Unha versión preliminar dos materiais que compoñen este volume foron presentados no marco do VIII Congreso de Asociación Internacional de Estudos Galegos, celebrado na Universidade Federal da Bahía (UFBA), Salvador (Brasil), do 12 ó 15 de setembro de 2006. Se por unha banda non tódolos traballos alí presentados aparecen recollidos neste libro, que ten como contraparte outros dous editados pola Universidade de Vigo (na área de Tradución) e pola da Coruña (área de de Literatura), por outra non tódolos traballos de corte linguístico que formaron parte daquel evento aparecen nesta colectánea. Este volume quere contribuir ó fecundo campo da lingüística galega desde unha perspectiva ampla e multidisciplinar. Sen presupoñer unha definición estrita nin limitada da lingüística, a publicación deste libro tenta poñer ao dispor do publico lector un conxunto de traballos consagrados a diversos aspectos da situación que algúns chamamos "sociolingüística" e que outros referirían, cunha etiqueta menos connotada, simplemente como lingüística, tal como reza o título da obra. Xestadas as diversas contribucións nalgúns casos desde Europa e outros desde as Américas do Norte e o Sur, é desexo dos promotores e editores que esta publicación contribúa á expansion e consolidación dos estudos galegos desde a perspectiva global e transatlántica na que foi concibida.

Cuberta para A lingüística galega desde alén mar
Publicado
January 31, 2014
Categorías

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-9887-145-6
Propietario (01)
CC/186
Fecha de publicación (01)
2009
Dimensións físicas
170mmx240mm