Arte e ciencia en Galicia: A ilustración científica e técnica

Autores

Francisco Díaz-Fierros Viqueira
##semicolon## Arte e ciencia, Ilustración científica e técnica

Resumo

O discurso da ciencia, todo ao longo da súa historia, acompáñase a miúdo de ilustracións gráficas, sexan do propio científico ou dun artista, con límites difusos entre os dous roles. Obtense así a mellor comprensión polo efecto combinado das palabras e as imaxes, sen que sexa fácil moitas veces distinguir cal das dúas formas de comunicación -verbal e visual- é o apoio da outra. Arte e ciencia en Galicia presenta cincuenta e cinco exemplos gráficos que levan desde o século XII ata o XX, con láminas reproducidas a color acompañadas de explicacións para situar o traballo no artístico, no científico e no cultural. Estes exemplos, diversos en épocas, temas e técnicas, evidencian que a histórica transmisión do saber mantén vivas as imaxes, ese milagre dos sentidos que serviu de inspiración a pintores e poetas pero que tamén os grandes científicos souberon encher de contido

Cuberta para Arte e ciencia en Galicia: A ilustración científica e técnica
Publicado
February 5, 2014
Categorías

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-9887-949-0
Propietario (01)
OP/349
Fecha de publicación (01)
2013
Dimensións físicas
200mmx250mm