50 Aniversario da Compilación de Dereito Civil de Galicia (1963-2013): Catálogo bibliográfico

Autores

María Paz García Rubio
Margarita Herrero Oviedo
José Francisco Méndez García
Xosé Anxo Doval Rei
##semicolon## Dereito Civil--Galicia, Compilación de Dereito Civil

Resumo

O libro que o lector ten nas súas mans constitúe a proba documental duradeira da implicación da Universidade de Santiago de Compostela co legado cultural, sociolóxico e xurídico de Galicia. O seu contido está basicamente conformado polo elenco das obras escritas, libros e artigos, relativos ao Dereito civil galego, a maior parte deles depositados na nosa Biblioteca e son de acceso público para o estudoso, o profesional ou simplemente o interesado na materia. Complétase ademáis cunha presentación dos seus autores e un traballo que, en esencia, se corresponde coa conferencia pronunciada polo profesor Rodríguez Montero no acto de inauguración da Exposición, organizada tamén pola nosa Universidade, co gallo do 50 aniversario da Compilación de Dereito Civil de Galicia, exhibida na Biblioteca Concepción Arenal da USC e no Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo. Con isto, o libro é o resultado tanxible no que desembocaron toda unha serie de actos que ao longo de 2013 se realizaron en colaboración con varias institucións galegas (Consello da Cultura Galega, Ilustre Colexio Notarial de Galicia, Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Ilustre Colexio de Avogados de Lugo, Excma. Deputación Provincial de Lugo), pero que sempre estiveron auspiciados pola Universidade de Santiago de Compostela.

Cuberta para 50 Aniversario da Compilación de Dereito Civil de Galicia (1963-2013): Catálogo bibliográfico
Publicado
May 8, 2014
Categorías

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-15876-71-7
Propietario (01)
OP/363
Fecha de publicación (01)
2013
Dimensións físicas
190mmx230mm