A formación, a orientación e o emprego, determinantes na vulnerabilidade social: actas do XV Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo, Ourense, 26, 27 e 28 de setembro de 2013

Autores

Margarita Valcarce Fernández
María del Rosario Castro González
Antonio Rial Sánchez
##semicolon## formación, orientación, emprego, vulnerabilidade social

Resumo

A exclusión e as desigualdades aumentan cando os recursos escasean. A distribución da riqueza material e inmaterial corren o risco de sufrir novos desequilibrios nun retroceso inxusto do que se tiña acadado na orde mundial soñada polos pobos. A vulnerabilidade social está intimamente relacionada co concepto de desamparo, carencia, desatención e, por ende, pobreza. Neste contexto de incertidume social, tivo lugar a celebración do XV Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo, en Ourense os días 26, 27 e 28 de setembro de 2013, baixo o lema «A formación, a orientación e o emprego, determinantes na vulnerabilidade social. Cidadanía, poboación activa e sociedade inclusiva: impacto da crise no patrimonio inmaterial das persoas». Nesta XV edición o obxectivo foi relacionar a orientación profesional, a educación superior, a formación profesional, a formación para o emprego, a sociedade e a comunidade coa vulnerabilidade das persoas. Repasar e afondar nos saberes teóricos e prácticos destes ámbitos do coñecemento e revalidar o seu potencial nun momento como o actual de crise económica, social, cultural e persoal.

Cuberta para A formación, a orientación e o emprego, determinantes na vulnerabilidade social: actas do XV Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo, Ourense, 26, 27 e 28 de setembro de 2013
Publicado
February 8, 2016
Categorías

Detalles sobre os formatos de publicación dispoñibles: DVD

DVD
ISBN-13 (15)
978-84-16183-80-7
Propietario (01)
CC/224
Dimensións físicas

Detalles sobre os formatos de publicación dispoñibles: Pdf

Pdf
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/cc.2022.722
Propietario (01)
CC/224A
Identificador para Xebook (99)
DX1102192938
Fecha de anuncio para el sector (10)
2022-09-27
Calendario de Hijri