Reginae Iberiae: el poder regio femenino en los reinos medievales peninsulares
Resumo
A análise das fontes exploradas en Reginae Iberiae. El poder regio femenino en los reinos medievales peninsulares —crónicas, documentos, sepulcros e selos medievais— estimulou estudos particulares e reflexións de conxunto sobre diversos aspectos ligados á figura das raíñas e, en menor medida, infantas, nos reinos ibéricos entre os séculos XI e XV. Con todo, estas páxinas non só rescatan e reactualizan certas figuras femininas da realeza medieval, senón que formulan novas interrogantes e propostas de análise sobre o tema. Abordando cuestións como as casas das raíñas, as súas prácticas devocionais e culturais ou a súa memoria pétrea, esta obra analiza fundamentalmente o poder rexio feminino.