Manual clínico del cribado metabólico. Segunda edición corregida y aumentada
Resumo
Actualmente tódolos nenos benefícianse dunha exploración de saúde que se leva a cabo nos primeiros días de vida mediante a chamada «proba do talón» ou cribado metabólico neonatal. Moi a miúdo os pediatras, outros especialistas e todo o persoal sanitario teñen que dar unha respuesta aos resultados do cribado. O abano de necesarias explicacións é moi amplo: desde comunicar sinxelamente o que significa un resultado dentro dos límites da normalidade, unha petición de repetición dunha mostra ou dar resposta a unha emerxencia. En ocasións o médico terá que dar unha indicación rápida a unha situación desafiante na que unha investigación ou a instauración dun tratamento axeitado son esenciais para unha boa evolución. En todas estas situacións é cando poderá aprezarse até que punto resultará útil ter este Manual clínico del cribado metabólico ao alcance da man, que agora se presenta nunha nova edición corrixida, actualizada e aumentada.