Resistir no escenario: Cara a unha historia institucional do teatro galego

Autores

Inmaculada López Silva

Resumo

O teatro galego é, seguramente, o máis mozo de todos os discursos mozos da cultura galega. Quizais por iso se ten depositado a responsabilidade de explicar as vicisitudes da súa última andaina nos seus propios artífices, a miúdo máis atarefados no día a día da súa inmediatez e das súas necesidades vitais ca nunha explicación teórica, verdadeiramente reflexiva e rigorosa, arredor do punto teatral ao que chegamos. Esta monografía explora o teatro galego actual a través dun relato que, facendo fincapé nos diversos presentes sucesivos ao longo do tempo, dea conta da capacidade das xentes do teatro para incidir no seu propio destino como artistas e mais da capacidade de todos para definir o teatro galego da maneira máis útil e eficaz.

Cuberta para Resistir no escenario: Cara a unha historia institucional do teatro galego
Publicado
December 17, 2015

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-16533-48-0
Propietario (01)
OP/389
Fecha de publicación (01)
2015
Dimensións físicas
170mmx240mm