En memoria de tanto miragre: estudos dedicados ó profesor David Mackenzie
Resumo
En memoria de tanto miragre. Estudos dedicados ó profesor David Mackenzie é un volume constituído por contribucións realizadas desde diferentes lugares do mundo e relevantes no ámbito da lingüística iberorrománica e tamén para a lingüística e literatura galegas. Estas liñas temáticas constitúen áreas de traballo centrais no historial do homenaxeado. Nesta publicación participan algunhas das voces máis representativas das devanditas áreas, tanto en Galicia coma nos Estados Unidos, Reino Unido, Irlanda e Australia. O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela comprácese en ofrecer á comunidade científica esta homenaxe, expresión de gratitude e recoñecemento a David Mackenzie, que sen dúbida contribuíu a abrir tanto Galicia ó mundo coma o mundo a Galicia.