A responsabilidade por danos causados polos produtos defectuosos
Resumo
A presente unidade didáctica enmárcase no programa da materia Dereito de Obrigacións e Responsabilidade Civil, materia que forma parte do segundo curso do Grao en Dereito. O seu programa atópase organizado en dezaoito leccións, das cales as primeiras doce están dedicadas ao estudo da teoría xeral da obrigación, e as seis seguintes tratan a responsabilidade civil extracontractual. A unidade didáctica que se elabora recolle a lección 17, titulada «A responsabilidade por danos causados polos produtos defectuosos» e pertencente ao segundo bloque de contidos da materia.
Mediante o presente documento, o alumno poderá coñecer de xeito simple a planificación que os profesores fan da lección 17 do programa da materia. Ao mesmo tempo, o alumno ten ao seu dispor a información relativa aos obxectivos que debe alcanzar tralo traballo da lección, á metodoloxía empregada na transferencia de coñecemento e capacidades, ás actividades prácticas que se levarán cabo e á forma de avaliación.