Relacións hídricas, nutrición e transporte nas plantas
Resumo
Esta unidade didáctica denominada «Relacións hídricas, nutrición e transporte nas plantas» forma parte da materia «Fisioloxía vexetal» que se imparte no primeiro semestre do 2º curso do Grao en «Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria». Esta materia trata dos distintos procesos fisiolóxicos que acontecen nas plantas. Nunha primeira parte, estúdase como a importancia da auga para os seres vivos é consecuencia das súas propiedades físicas e químicas exclusivas. Por outra parte, analízase o transporte da auga e os nutrientes na planta. A continuación, trátase dos factores endóxenos e exóxenos que regulan a fotosíntese. Posteriormente, trátase de coñecer a regulación endóxena e exóxena do desenvolvemento das plantas e como é a fisioloxía da planta en condicións de estrés.