O plan de negocio

Autores

María Milagros Vivel Búa
Rubén Lado Sestayo

Resumo

A creación dunha empresa supón o deseño previo dun plan de negocio a través do cal documentar e analizar a viabilidade dun determinado proxecto a tres niveis: comercial, técnico e económico - financeiro. Asemade, o plan de negocio constitúe un instrumento de traballo para empresas xa en funcionamento que desexan modificar ou ampliar a súa actividade, por exemplo, incorporando novas liñas de produtos / servizos, actuando en mercados foráneos, etc.

Esta unidade didáctica enmárcase na materia de Traballo Fin de Grao correspondente ao 4º curso do Grao en Administración e Dirección de Empresas. O seu obxectivo é delimitar conceptualmente o plan de negocio e expor a súa estrutura xeral, para a súa posterior aplicación empírica no desenrolo dunha idea para a creación dunha empresa. Polo tanto, esta unidade pretende ser unha guía de referencia para aqueles alumnos interesados en realizar o seu traballo fin de grao mediante a elaboración dun plan de negocio.

Os contidos da unidade enmárcanse, sobre todo, no eido das finanzas e a contabilidade, se ben compleméntanse con outros temas referidos á comercialización e á organización de empresas. En consecuencia, o plan de negocio permite que o alumno traballe simultaneamente contidos de diferentes áreas de coñecemento que configuran o plan de estudos propio da súa titulación académica, isto é, o Grao en Administración e Dirección de Empresas.

A unidade está deseñada para ser desenvolvida ao longo dun curso académico a través das sesións de titorías programadas entre o alumno e docente responsable da dirección do seu traballo fin de grao.

Cuberta para O plan de negocio
Publicado
February 4, 2016
Categorías

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-16533-28-2
Propietario (01)
UD/092A
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
http://dx.doi.org/10.15304/9788416533282
Fecha de publicación (01)
2015