Vocabulario de criminoloxía (galego-español-inglés)
Resumo
A USC, a través do seu Instituto de Criminoloxía (ICUS), leva máis de trinta anos impartindo docencia en criminoloxía, a través de sucesivos plans de estudo de títulos propios, e de materias optativas, primeiro na Licenciatura e agora no Grao en Dereito. E nun futuro próximo aspira a impartir o Grao en Criminoloxía, título oficial xa implantado en varias universidades españolas.
Con este Vocabulario de criminoloxía pretendemos recoller os conceptos básicos dos diversos ámbitos das ciencias criminolóxicas, e divulgar as súas denominacións en galego, español e inglés, para ofrecerllo ao alumnado, profesorado e profesionais desta disciplina.