Psicolingüística e Neurolingüística.: A linguaxe como función neuropsicolóxica

Autores

Iván Enríquez Martínez

Resumo

Psicolingüística e Neurolingüística. A linguaxe como función neuropsicolóxica consti­túe a primeira unidade didáctica de Psicolingüística. Esta materia consta de 6 créditos ECTS e pertence á área de coñecemento de Lingüística Xeral, que depende do Depar­tamento de Teoría da Literatura, Literatura Española e Lingüística Xeral. Forma parte do módulo «Lingua e procesamento das linguas. Aplicacións», que se pode cursar como complementario ou como optativo, en función dos intereses do estudante, xunto cos demais módulos ofertados por outras áreas da Facultade de Filoloxía. Para o itinerario do Minor en Lingüística Xeral cúrsase obrigatoriamente xunto co módulo de «Linguas e comunicación. Aplicacións».

Polo tanto, a unidade didáctica que aquí presentamos está pensada para a súa docencia na Facultade de Filoloxía, onde a materia se oferta para as titulacións de Grao en Filoloxía Clásica, Grao en Lingua e Literatura Españolas, Grao en Lingua e Literatura Galegas, Grao en Lingua e Literatura Inglesas e Grao en Linguas e Literaturas Moder­nas. Os seus destinatarios son os estudantes que desexen cursar a materia, sexa como optativa ou como obrigatoria no caso daqueles que se atopen matriculados no Minor de Lingüística Xeral. Independentemente desta circunstancia, todos os alumnos tive­ron un primeiro acercamento á Lingüística Xeral e á Lingüística Aplicada nas materias de Lingüística I (primeiro curso) e Lingüística II (segundo curso), nas que acadaron co­ñecemento sobre a complexa natureza da linguaxe e as súas dúas grandes dimensións: a social e a psicobiolóxica, na que se afonda na materia de Psicolingüística.

Cuberta para Psicolingüística e Neurolingüística.: A linguaxe como función neuropsicolóxica
Publicado
February 4, 2016

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-16533-25-1
Propietario (01)
UD/091A
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
http://dx.doi.org/10.15304/9788416533251
Fecha de publicación (01)
2015