A Monarquía

Autores

Ana María Suárez Piñeiro
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Resumo

Esta unidade didáctica sobre A Monarquía forma parte da materia Historia de Roma (G5071502) que está integrada no módulo Historia, arte e pensamento grecorromanos. Corresponde á titulación do Grao en Filoloxía (materia ordinaria Grao RD 1393/2007), posúe carácter obrigatorio e cúrsase no primeiro ano (1º curso), no segundo cuadrimestre.

Esta materia consta de 6 créditos e supón, polo tanto, 150 horas de dedicación total por parte do alumnado.

Nesta unidade dedicada á Monarquía coñeceremos os factores que permitirán que Roma, constituída inicialmente coma un pequeno reino no centro do Lacio, ao igual ca outras cidades similares da súa contorna, acabe impoñéndose sobre todas as comunidades veciñas. En consecuencia, nesta etapa Roma comeza a cimentar as bases que conformarán o seu poder, así como a conquista do territorio, nesta fase no seu marco inmediato, a rexión do Lacio.

Cuberta para A Monarquía
Publicado
February 5, 2016
Categorías

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-16533-41-1
Propietario (01)
UD/105A
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
http://dx.doi.org/10.15304/9788416533411
Fecha de publicación (01)
2015