Morfoloxía externa do encéfalo e da medula espiñal
Resumo
A unidade didáctica «Morfoloxía externa do encéfalo e da medula espiñal» está incluída na materia NEUROANATOMÍA (6 ECTS), que se imparte no segundo curso do Grao en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, ao longo do primeiro semestre. Esta unidade cursarase a continuación do primeiro bloque do programa da materia, unha vez cos alumnos xa teñen una visión xeral e introdutoria da organización do sistema nervioso.
Esta unidade didáctica centrarase no estudo da anatomía macroscópica da medula espiñal e dos diferentes compoñentes do encéfalo. Organízase en 4 temas, que están deseñados para ser desenvolvidos en 14 sesións presenciais, 8 sesións de seminarios de 50 min cada unha, e 6 sesións prácticas coa mesma duración.