Introdución á psicolingüística: obxecto de estudo, métodos e principais debates: obxecto de estudo, métodos e principais debates
Resumo
A presente unidade didáctica (UD), titulada Introdución á psicolingüística: obxecto de estudo, métodos e principais debates, aborda os contidos iniciais da materia Cognición e Procesos Cognitivos na Lingua Inglesa. Trátase dunha materia do Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións; unha titulación interuniversitaria que é impartida polas tres universidades do Sistema Universitario de Galicia. Dito mestrado está fundamentalmente orientado á preparación de futuros investigadores, e constitúe o período de formación necesario que habilita ao alumnado para o acceso aos estudos de doutoramento. A materia Cognición e Procesos Cognitivos na Lingua Inglesa, para a cal se elabora esta UD, é unha das seis materias que compoñen o módulo de especialización en lingüística. No seu conxunto, pretenden ofrecer unha visión especializada e multidisciplinar sobre os principais eidos de investigación en lingüística; no caso da materia que nos ocupa, da psicolingüística.