Internacionalización da empresa e márketing internacional

Autores

Emilio Ruzo Sanmartín

Resumo

Os contidos desta unidade didáctica van dirixidos a estudantes de último curso do Grao en Administración e Dirección de Empresas que buscan especializarse no ámbito comercial e/ou no ámbito internacional, seleccionando a materia optativa de Comercialización Internacional. Deste xeito, estes estudantes teñen coñecementos previos de Comercialización e Investigación de Mercados, a ampliar neste materia na súa aplicación ao ámbito internacional. O contido desta materia está orientado a que o estudante coñeza en profundidade e cunha visión integral a xestión, administración e dirección de todas as actividades relacionadas coa comercialización internacional dos bens e servizos da empresa, dende o coñecemento do contorno internacional, pasando polos aspectos estratéxicos das decisións de selección e penetración en mercados exteriores, ata as decisións comerciais internacionais e toda a problemática que de estas se deriva.

 

Cuberta para Internacionalización da empresa e márketing internacional
Publicado
February 5, 2016
Categorías

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-16533-38-1
Propietario (01)
UD/102A
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
http://dx.doi.org/10.15304/9788416533381
Fecha de publicación (01)
2015