Investigar o cambio climático na interface entre a cultura científica e a cultura común: Primeiro Seminario Internacional RESCLIMA, ACTAS, Santiago de Compostela, 11 e 12 de decembro de 2014

Autores

Mónica Arto Blanco
Universidade de Santiago de Compostela
María Barba Núñez
Francisca Marli Rodrigues de Andrade
Pablo Ángel Meira Cartea
##semicolon## cambio climático

Resumo

O Primeiro Seminario Internacional Resclima: Investigar o cambio climático na interface entre a cultura científica e a cultura común organizouse como un espazo máis, dentro do Proxecto RESCLIMA, para
indagar e reflexionar sobre a natureza destas interfaces. Os traballos de investigación que compoñen esta publicación buscan contribuír no deseño de programas e accións educativas e comunicativas máis eficaces.
As finalidades últimas son converter o cambio climático nunha cuestión socialmente relevante e motivar á cidadanía para que demande e protagonice políticas de resposta máis ambiciosas. O seminario celebrouse os días 11 e 12 de decembro de 2014 na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e contou coa participación de especialistas procedentes de Brasil, España, México e Portugal.

Cuberta para Investigar o cambio climático na interface entre a cultura científica e a cultura común: Primeiro Seminario Internacional RESCLIMA, ACTAS, Santiago de Compostela, 11 e 12 de decembro de 2014
Publicado
February 16, 2017

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-16954-19-3
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
http://dx.doi.org/10.15304/9788416954193
Propietario (01)
CC/241A
Fecha de anuncio para el sector (10)
2017