O visitador do preso

Autores

Concepción Arenal; Gumersindo Guinarte Cabada; Fernando Vázquez-Portomeñe Seijas; Gumersindo Guinarte Cabada; Fernando Vázquez-Portomeñe Seijas
##semicolon## Concepción Arenal, O visitador do preso

Resumo

Concepción Arenal dedicou boa parte dun inesgotable activismo social e intelectual ao estudo crítico da realidade penal española. Serviuse da experiencia acumulada do desempeño dos cargos oficiais de visitadora de cárceres de mulleres da Coruña (1863) e inspectora de casas de corrección de mujeres (1868-1873) e, sobre todo, do seu talento, sensibilidade e intuición para a redacción de obras que a sitúan nun posto de gran relevancia nos estudos penais europeos: Cartas a los delincuentes (1865), Estudios penitenciarios (1877). O visitador do preso (1893) é unha das obras de referencia para o estudo das ideas centrais do seu pensamento penal. Para Arenal, a sanción penal é un instrumento de expiación, de intimidación, de afirmación da xustiza e de moralización e educación. Nos vinte e un capítulos d’O visitador do preso, aborda os conceptos de delito, delincuente, arrepentimento e emenda e examina as virtudes e condición que debe reunir o visitador de prisións, a finalidade das súas visitas, a linguaxe que debe empregar, o tratamento dos presos segundo o xénero e a idade, todo co pano de fondo da situación en que, mediando o século XIX, se atopaban os cárceres españois, inimaxinable para os cidadáns de hoxe. Socióloga e investigadora social, valente e adiantada ao seu tempo, partidaria dun sistema penal moderno que fixese posible a corrección do penado, as aspiracións reformistas de Arenal materializaranse coa chegada da segunda República.

Cuberta para O visitador do preso
Publicado
March 11, 2021

Detalles sobre os formatos de publicación dispoñibles: Pdf [cc]

Pdf [cc]
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/pu.2023.1384
Propietario (01)
PU/037A
Identificador para Xebook (99)
DX1102629951
Fecha de anuncio para el sector (10)
2023-11-29
Calendario de Hijri

Detalles sobre os formatos de publicación dispoñibles: En papel

En papel
ISBN-13 (15)
978-84-18445-39-2
Propietario (01)
PU/037
Fecha de anuncio para el sector (10)
2021-03-11
Calendario de Hijri
Dimensións físicas
150mmx240mm