Dende o futuro da investigación literaria: liñas, métodos e propostas

Autores

María Soledad Pérez-Abadín Barro
Universidade de Santiago de Compostela
Eduardo Aceituno Martínez
U. Granada / USC
https://orcid.org/0000-0003-2829-5720
##semicolon## transversalidade, literatura e música, literatura e artes plásticas, literatura e xogo, estudos de xénero, estudos literarios, edición crítica

Resumo

Esta obra colectiva reúne ensaios de investigadores do programa de doutoramento da USC Estudos da Literatura e da Cultura como medio de compartir investigacións e tamén para propiciar a súa difusión máis aló do seu marco xenético. Estas páxinas dan igualmente cabida a doutorandos doutras universidades, españolas e estranxeiras. A diversidade de temas e métodos correspóndese coa índole transversal dun plan de estudos aglutinador de liñas filolóxicas, teóricas e culturais. Literatura, artes plásticas, música, danza, cinema, xogo, medios dixitais, historia, política, filosofía e relixión... O volume preséntase, así pois, puído dos resaibos académicos e o localismo que resultarían da súa formulación como simple actividade curricular, para ofrecer, ben en troques, un homoxéneo conxunto de traballos orixinais e rigorosos, produto nalgúns casos de anos de investigación e en todos eles anticipo dunha memoria de doutoramente que será de certo un paso cruxial no avance cara ao coñecemento.

 

Cuberta para Dende o futuro da investigación literaria: liñas, métodos e propostas
Publicado
March 23, 2023
Categorías

Detalles sobre este monográfico

Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9788419679307
Propietario (01)
CC/270A
Identificador para Xebook (99)
DX1102606454
Fecha de anuncio para el sector (10)
2023-10-24
Calendario de Hijri