Proceso por aceptación de decreto

Autores

Cristina Alonso Salgado
Universidade de Santiago de Compostela
##semicolon## dereito procesual, proceso, sistema penal, proceso por aceptación de decreto

Resumo

O «proceso por aceptación de decreto» foi incorporado á nómina procesual a través da Lei 41/2015, do 5 de outubro, de modificación da lei de Axuizamento criminal para a Axilización da Xustiza penal e o Fortalecemento das Garantías procesuais. Coa sinalada incorporación, o lexislador español pretendía dotar o sistema dun resorte máis na liña axilizadora que mantén dende hai xa algunhas décadas. Con todo, o certo é que o «novo» proceso non acaba de cumprir coas expectativas. As dificultades en canto ao seu ámbito obxectivo, as dúbidas en relación á potestade xurisdicional e o carácter deliberadamente «heteroxodo» da súa configuración son algunhas das razóns que parecen explicar as causas dun naufraxio que, á espera dunha reacción por parte do lexislador, semella inevitable. A estas cuestións e outras dedícase esta unidade didáctica.

Cuberta para Proceso por aceptación de decreto
Publicado
March 10, 2023

Detalles sobre este monográfico

Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9788419155993
Propietario (01)
UD/238A
Identificador para Xebook (99)
DX1102592919
Fecha de anuncio para el sector (10)
2023-10-06
Calendario de Hijri