I Congreso Internacional Feminismos e Humor: Humor-Sofías, Santiago de Compostela, 7-8 de maio de 2024: libro de actas

Autores

Saleta de Salvador Agra
Laura Lesta García
Yolanda Martínez Suárez
Universidade de Santiago de Compostela
Marta Pérez Pereiro
##semicolon## feminismos, humor, risas

Resumo

A agrupación, neste libro, das actas do I Congreso Internacional Feminismos e Humor: Humor-Sofías, resultado dunha escolma de palabras que foron tomadas no evento, responde á propia estrutura do congreso. Estamos ante unha versión de actas híbridas entre contribucións máis teóricas de autoras xa consolidadas e de voces que comezan a súa andaina académica. Se o humor nos permite reflexionar de xeito horizontal e crear espazos subversivos nos que inverter a orde patriarcal da sociedade, esta compilación é un exemplo desta toma de posición política e epistemolóxica. Neste volume recóllense un conxunto de capítulos que, na súa heteroxeneidade, son un primeiro paso para explorar un campo de estudo que ten a enorme potencialidade de ser abordado desde múltiples disciplinas, en todas as áreas do coñecemento, entre as que atopamos filosofía, arte, comunicación, literatura, etc. Asemade, esta pluralidade de enfoques abre a porta a novas metodoloxías de análise onde se mesturan estudos de caso, reflexións teóricas e a praxe autoetnográfica, entre outras. As actas están divididas en catro bloques temáticos que seguen a lóxica das mesas presentes no congreso, a saber: «De cómicas e comedias»; «Humor en imaxes»; «Resistencias humorísticas», e «Risas dixitais».

Cuberta para I Congreso Internacional Feminismos e Humor: Humor-Sofías, Santiago de Compostela, 7-8 de maio de 2024: libro de actas
Publicado
April 9, 2025

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-10142-44-2
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9788410142442
Propietario (01)
CC/277A
Fecha de anuncio para el sector (10)
2025-04-09
Calendario de Hijri