Novas aproximacións aos estudos literarios

Autores

María Soledad Pérez-Abadín Barro
Universidade de Santiago de Compostela
Brais Fernández Prieto
Paula Gregores Pereira
##semicolon## transversalidade, intertextualidade, tradición clásica, crítica literaria, teatro, cinema, sociedade, memoria, identidade, contexto histórico, recepción

Resumo

Neste volume atopan un lugar de encontro moi diversas perspectivas de estudo que evidencian a complexidade e a transversalidade da literatura como campo de análise. Desde a exploración do espazo como elemento narrativo e simbólico ata a revisión da tradición clásica na contemporaneidade, pasando polo exame da crítica literaria, do teatro, do cinema e da súa relación coa sociedade, cada contribución amosa a capacidade da literatura para interrogar, reinterpretar e transformar a realidade. Ao longo das distintas seccións, ponse de manifesto como os textos literarios non son entidades illadas, senón que dialogan co seu contexto histórico, político e cultural, incidindo na construción da memoria, da identidade e do pensamento crítico. Así mesmo, reflíctese a importancia da intertextualidade e da recepción das obras, evidenciando como a literatura é un proceso dinámico que se nutre da súa propia tradición e das novas interpretacións que xorden co paso do tempo.

Cuberta para Novas aproximacións aos estudos literarios
Publicado
June 27, 2025
Categorías

Detalles sobre este monográfico

Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9788410142701
Propietario (01)
FL/002A
Identificador para Xebook (99)
DX1103723044
Fecha de anuncio para el sector (10)
2026-01-16
Calendario de Hijri